Unidades Didácticas

Educación Infantil
DescargarA Educación Infantil constitúe unha etapa educativa de capital importancia para o desenvolvemento integral e harmónico da persoa. Así, establécese como principal finalidade nesta etapa contribuír ao crecemento físico, afectivo, social e intelectual do alumnado.
Os obxectivos principais desta campaña céntranse en transmitir aos escolares de Educación Infantil a importancia do peixe e do marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e no papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións relacionadas con este.

Educación Primaria
DescargarA finalidade da Educación Primaria é facilitarlles aos alumnos e ás alumnas as aprendizaxes da expresión e da comprensión oral, a lectura, a escritura, o cálculo, a adquisición de nocións básicas da cultura, os hábitos de convivencia, de estudo e de traballo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade, co fin de garantir unha formación integral que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade.
Os obxectivos de partida desta campaña céntranse en transmitir aos escolares de Educación Primaria a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar.

Educación Secundaria
DescargarA Educación Secundaria Obrigatoria ten por finalidade lograr que os alumnos e as alumnas adquiran os elementos básicos de cultura nos seus aspectos humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos; desenvolver e consolidar neles/as hábitos de estudo e de traballo; preparalos/as para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalos/as para o exercicio dos seus dereitos e das súas obrigas na vida como cidadáns e cidadás.
Os obxectivos de partida desta campaña céntranse en transmitir aos escolares de Educación Secundaria a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar.