Ti si que es un bo peixe
É un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxetivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa comunidade e de incidir e equilibrar a súas dietas alimentarias.
Os seus destinatarios son os escolares de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria .
O programa ten dúas liñas de acción:
- Por unha banda, un obradoiro que vai percorrendo centros da nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.
- E por outro lado, excursións a distintas localizacións mariñeiras onde coñecen de primeira man este marabilloso mundo do mar e poden degustar algúns de ditos produtos.
Os nosos protagonistas descobren a través de experimentos, probas de comidas e relacións coa xente do mundo do mar e os seus produtos, múltiples vantaxes do consumo equilibrado destes. Céntranse sobre todo en 9 especies diversas do mundo mariño que, grazas as súas propiedades nutritivas, teñen un gran efecto positivo no noso organismo.
Grazas á historia destes personaxes, das 9 especies tratadas e das actividades que se levan a cabo, o programa “Ti si que es un bo peixe” é unha ferramenta de achega informativa de gran importancia para o sector educativo e para as familias que o constitúen.