Folletos e Pósters
O mar é un elemento que define e caracteriza boa parte da riqueza da nosa terra. É unha fonte de recursos moi prezada, pois arredor del configúrase un sector primario estratéxico a nivel económico, social e tamén cultural.
De aí a importancia de que sexamos conscientes deste tesouro único que nos brinda a nosa terra, porque asumir e ter claro o privilexio que temos de contar cos recursos que nos aporta é a mellor arma para coidalo e defendelo.
É o mellor xeito de construír futuro. Un futuro que pasa por seguir pescando e mariscando, por saber vender e dotar de valor engadido os nosos peixes e mariscos e saber difundir a súa calidade alén das nosas fronteiras.