SABÍAS QUE...?

Case 40.000 galegas e galegos traballan hoxe directamente en actividades de pesca e marisqueo e, aproximadamente, unhas 117.000 destas persoas (arredor do 10% da poboación) fano en actividades que dependen directamente dela: transporte, industria conserveira, etc.

A sardiña axúdanos a manter unha boa vista. Cocíñase de tódalas formas se a collemos fresca e tamén a atopamos en conserva.

A pescada mantén san o noso corazón. Desde pequenos comezamos a comela cocida e cando imos medrando tomámola á prancha ou en guisos con verduras.

A robaliza dános enerxía para todo o día. Aínda que era coñecido como peixe de enfermos (por comelo só cocido), agora cocíñase máis ao forno e tamén se inclúe en novas receitas como a lasaña ou musaka.

O peixe sapo mellora o noso cerebro. Normalmente cómese só a cola cocida, á prancha ou no forno, xa que ten máis carne e a cabeza úsase para facer sopa.

O linguado danos fortaleza no corpo. Cómese á prancha ou en elaboracións máis sofisticadas con salsas de mariscos ou frutais.

O percebe recarga todo o noso organismo. Cómese cocido pero tamén hai quen o fai en paté.

A nécora protexe o nos corpo. Cómense cocidas, en patés e salpicón de marisco.

A vieira favorece o crecemento. Dende sempre se comen asadas ao forno cunha salsa pero agora tamén as mesturan con diferentes mariscos e viños.

O argazo axuda a defender o noso corpo. Úsase na cociña xaponesa en receitas como o dashi, o seitán ou o ramen. Aquí a maiores úsase tamén como condimento e en ensaladas.